As prazas ofertadas priorizaranse para o estudantado que proceda dun título que habilite para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Aeronáutico de acordo á Orde CIN/308/2009. A selección das persoas solicitantes levarase a cabo pola Comisión Académica do Máster en base ao expediente académico do estudantado e a nota media alcanzada.

Realizarase unha reserva de prazas de polo menos o 5 % para estudantado que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como estudantado con necesidades de apoio educativo permanentes, tal e como establece o Real Decreto 822/2021.